Pasar al contenido principal

O reitor da USC preside este venres a entrega do XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural na Facultade de Veterinaria

O administrador do grupo Agroamb, Severiano Ónega, recollerá o galardón, dotado con 10.000 euros, nun acto no que participará o presidente de Aresa, así como representantes políticos e persoeiros dos...

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, presidirá este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, a cerimonia de entrega do XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón dotado con 10.000 euros en metálico e que nesta ocasión recaeu no grupo Agroamb, unha empresa con sede en Ponte de Outeiro (Castro de Rei) e administrada por Severiano Ónega que foi o primeiro xestor autorizado pola Administración en Galicia para o uso de residuos orgánicos en agricultura e que na actualidade se ten convertido no grupo empresarial líder nesta actividade. O fundador e administrador único do grupo Agroamb Prodalt, Severiano Ónega Ares, recollerá o galardón de mans do presidente do grupo de subministros agrogandeiros Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, no transcurso dunha cerimonia durante a que Javier Guitián Martínez, catedrático de Saúde Pública Veterinaria do Royal Veterinary College da Universidade de Londres e membro do xurado desta edición do Premio Aresa, que ofrecerá o relatorio ‘Qué pode facer a universidade polo sector agrícola?’ A cerimonia de entrega do XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural congregará este venres na Facultade de Veterinaria de Lugo un nutrido grupo de representantes políticos, entres os que se agarda a presenza da conselleira da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, tamén asistirá ao acto, no que tamén participarán outros representantes e cargos políticos locais, ademais de persoeiros dos eidos económico, social e cultural, así como clientes e provedores do grupo empresarial Aresa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2016.