Pasar al contenido principal

Dereito celebra o seu patrón cunha conferencia do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, será o encargado de pronunciar este venres 22 a lección maxistral do acto académico na honra de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade de Dereito. Presidida polo reitor Juan Viaño, a cerimonia comezará ás 12.00 horas no salón de actos.

Unha vez a secretaria do centro, Sonia Rodríguez, lea a memoria correspondente ao pasado curso, Cadenas Sobreira pronunciará a conferencia ‘O dereito como necesidade; a súa aplicación como problema’. A continuación entregaráselle a insignia da facultade aos docentes Teresa Carballeira Rivera, César García Novoa e Gumersindo Guinarte Cabada con motivo dos seus 25 anos de servizo así como os diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos no ano académico 2014-2015.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2016.