Pasar al contenido principal

Dereito celebrou a festividade de San Raimundo de Peñafort

Dereito celebrou a festividade de San Raimundo de Peñafort
Dereito celebrou a festividade de San Raimundo de Peñafort

A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago celebrou este venres a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort cunha conferencia do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, e a entrega de insignias aos docentes Teresa Carballeira Rivera, César García Novoa e Gumersindo Guinarte Cabada –decano do centro anfitrión– con motivo dos seus 25 anos de servizo.

Presidida polo reitor Juan Viaño Rey e coa asistencia ademais da decana da facultade de Dereito da Universidade de Vigo, Marta Fernández Prieto, Cadenas Sobreira falou na cerimonia do “ dereito como necesidade e a súa aplicación como problema”. O acto contou tamén coa lectura da memoria correspondente ao pasado curso pola secretaria do centro, Sonia Rodríguez, e a entrega de diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos nese ano académico.

No seu discurso, o reitor manifestou a vontade de estimular o crecemento dos centros que integran a gran área de Ciencias Sociais e Xurídicas, “como é esta facultade, que foi quen de lograr financiar proxectos de investigación europeos, estatais e autonómicos por un valor de tres millóns de euros, un fito importantísimo para unha disciplina coma esta”. “O Campus da Cidadanía debería dar un novo pulo neste ano natural cando xa está aprobada a súa memoria e posta en funcionamento a comisión reitora”, recalcou.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.01.2016.