Pasar al contenido principal

Mesa redonda en Políticas sobre as eleccións xerais e europeas

Diante das inminentes convocatorias electorais, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC ten previsto desenvolver varias actividades, que comezan este xoves 25 coa mesa redonda ‘España e Europa ante un novo reto electoral: Eleccións xerais e europeas 2019’.

No debate, previsto para as 12:00 horas, intervirán o investigador do Real Instituto Elcano e profesor do Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid Ignacio Molina A. de Cienfuegos e a profesora do Departamento de Dereito Constitucional, Ciencia Política e da Administración da Universidade de Valencia Astrid Barrio López. Modera José Rama Caamaño, graduado en ciencia política pola USC e investigador doutoral no Departamento de Ciencia Política da Autónoma de Madrid.

Debate candidaturas municipais Outra das actividades será o 14 de maio ás 18:00 horas no Salón de Actos do centro, cun debate entre os candidatos e candidata á alcaldía dos partidos con representación actual no consistorio: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PPdeG), Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE) e Goretti Sanmartín Rei (BNG).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2019.