Pasar al contenido principal

Un seminario analiza as consecuencias prácticas para os entes locais das directivas de contratación pública tras o prazo de transposición

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) e a FEGAM analizarán nun seminario as consecuencias prácticas para os entes locais das directivas de contratación pública tras a finalización do seu prazo de transposición, que coordinan o director do CEDE, Carlos Teijo García, e o profesor da USC Marcos Almeida Cerreda. A sesión comezará ás 10.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito presidida pola secretaría xeral da USC, Consuelo Ferreiro, e o presidente da FEGAMP, Alfredo L. García Rodríguez.

Esta é unha iniciativa incluída no ciclo anual de actividades formación sobre ‘Poder local e Unión Europea’ e diríxese ao persoal de entes locais galegos e a calquera persoa interesa en profundar nas relacións entre o dereito da UE e as administracións de ámbito local.

Logo da sesión inaugural impartiranse as dúas conferencias que conforman o programa. O catedrático da Universidades de Zaragoza e presidente do Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Aragón, José María Gimeno Feliú, falará sobre ‘Os retos da transposición/aplicación das novas directivas de contratos en España: unha visión dende o mundo local’. Deseguido, a profesora da Universidade de Minho e membro da Comisión de Reforma do Código dos Contratos Públicos, Isabel Celeste Fonseca, achegará a visión do caso portugués.

As próximas citas do programa ‘ Poder local e Unión Europea’ poderanse seguir en liña estando aberto o prazo de inscrición ata as 14.00 horas do próximo 4 de abril.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.03.2016.