Pasar al contenido principal

Preséntase na USC o programa ‘IGNICIA Proba Concepto’ da Axencia Galega de Innovación, con financiamento de ata medio millón de euros por proxecto

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC organiza xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) dous talleres de presentación do Programa IGNICIA Proba Concepto, que se desenvolverán os días 4 e 5 de abril nos campus de Santiago e Lugo, respectivamente.

O programa ten como obxectivo facilitar a transferencia ao mercado de resultados de investigación xerados polos grupos de organismos de investigación públicos e privados de Galicia. Para cada proxecto seleccionado contémplase un investimento de entre 200.000 e 500.000 euros.

A presentación do día 4 en Santiago será ás 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Bioloxía, mentres que a do día seguinte en Lugo será á mesma hora no edificio Cactus. As persoas que estean interesadas en participar nestes obradoiros poden formalizar xa a súa inscrición en liña na páxina web da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.03.2016.