Pasar al contenido principal

Ciencias Económicas e Empresariais premia as vocacións artísticas

Ciencias Económicas e Empresariais premia as vocacións artísticas
Ciencias Económicas e Empresariais premia as vocacións artísticas
Mantén aberto ata o 4 de marzo o prazo para presentar obras ao premio de pintura CreArte

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais mantén aberto ata o 4 de marzo o prazo para presentarse á cuarta edición do certame de pintura CreArte, convocado coa intención de potenciar e difundir a creación artística dos membros da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.

O xurado, presidido pola decana do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística da contorna. Das imaxes das obras presentadas deberán facer unha selección, que conformará unha exposición temporal na facultade que será inaugurada o día do patrón do centro.

Haberá un único premio, de 600 euros. Ademais, esa obra pasará a formar parte do patrimonio da Facultade, sendo exposta durante un ano no seu ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin.

Para participar no concurso deberase presentar unha única obra inédita creada entre xaneiro de 2015 e febreiro de 2016, de temática e técnica libres e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.01.2016.