Pasar al contenido principal

Proxectan en Ciencias Económicas o documental Fíos Fóra sobre o sector téxtil

Cartel da proxección
Cartel da proxección

“As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada”. Fíos Fóra é un documental que “fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora” e que este mércores 9 a partir das 12.00 horas se proxectará na Aula 7 da Facultade de Ciencias Económicas.

Esta é unha proxección que organiza o Departamento de Historia e Institución Económicas da USC e que contará coa presenza do profesor Xoán Carmona Badía para participar no debate académico posterior á proxección entre o alumnado participante.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.03.2016.