Pasar al contenido principal

O estudo comparado da sociedade e o territorio de Galicia e Irlanda centra este xoves un seminario

O suicidio demográfico, a planificación territorial e o uso das TIC nas universidades, cuestión específicas a tratar

Mostrar as posibilidades para o estudo comparado da sociedade e o territorio de Galicia e Irlanda é o obxectivo do seminario que este xoves 10 terá lugar na Facultade de Filosofía organizado polo Departamento de Xeografía, o Gist (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio-Novos Medios da USC) e a Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI. Trátase de abrir un foro de debate sobre temas centrais de interese estratéxico para Galicia como son o suicidio demográfico, a planificación territorial e o uso das TIC nas universidades.

O seminario vai dirixido as estudantes, investigadores e docentes da USC ou calquera persoa interesada en Irlanda e na Europa Atlántica, que deberán inscribirse previamente enviando un correo a gist-formacion [at] usc.es (gist-formacion[at]usc[dot]es) co seu nome completo, enderezo electrónico, estudios e situación profesional.

O encontro comezará ás 9.30 horas coa intervención do profesor Patrick O'Flanagan, da University College Cork de Irlanda, que responderá á interrogante de por qué Irlanda é o país europeo con maior dinamismo demográfico, mentres que o profesor da mesma universidade Xoán Paredes establecerá comparacións entre Galicia e Irlanda no tocante á ordenación territorial. Ademais, o profesor da USC Carlos Ferrás reflexionará sobre o cambio social e económico de Irlanda nos últimos 30 anos a partir de imaxes e cartografía seleccionada e a profesora Mariña Pose comparará o uso das TIC nas universidades de Cork e Santiago. Rematará a sesión cunha mesa de debate na que se analizará a maneira cómo se investiga e estuda en Irlanda.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2016.