Pasar al contenido principal

Un curso en Ciencias da Educación avaliará os dereitos dos nenos e a situación da infancia en Galicia

Un curso en Ciencias da Educación avaliará os dereitos dos nenos e a situación da infancia en Galicia
Un curso en Ciencias da Educación avaliará os dereitos dos nenos e a situación da infancia en Galicia

Baixo a dirección das profesoras Mar Lorenzo Moledo e Mª del Carmen Gutiérrez Moar, o curso ‘Os dereitos dos nenos e das nenas: a situación da infancia en Galicia’ celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación de Campus Vida os días 21 e 22 de xullo.

O programa académico deste curso da Universidade de Verán comezará cunha reflexión do director executivo do Comité Español de Unicef sobre a realidade da infancia en España en canto aos dereitos de nenos e nenas, xunto a quen o pediatra e docente José Mª Martinón Sánchez analizará a situación da saúde da infancia en Galicia. A primeira xornada completarase cun obradoiro dedicada aos dereitos da infancia a través do cine e co relatorio de Miguel A. Santos Rego que proporá unha reflexión sobre a infancia no sistema educativo en Galicia.

Para o día 22, os dous primeiros relatorios que arrancarán a xornada aludirán ao benestar material e o impacto da crise nas familias e á presenza da infancia nas políticas sociais e educativas. A responsable de sensibilización do comité galego de Unicef Marta Andrade Blanco coordinará un obradoiro sobre a educación en dereitos dende a escola. O curso rematará coa participación da valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, cunha reflexión sobre os dereitos da infancia en Galicia.

Matrícula
A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

Ligazóns relacionados:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2016.