Pasar al contenido principal

As propostas de Socorro Rodríguez Holguín e Ana Rozados gañan o concurso de subtitulación de vídeos TED en galego

A subtitulación do vídeo ‘ Your brain on videogames’, realizada pola profesora Socorro Rodríguez Holguín na modalidade de comunidade universitaria e a do vídeo vídeo ‘ Your body language shapes who you are’, de Ana Rozados en convocatoria aberta, son as dúas propostas gañadoras do concurso de subtitulacións de vídeos TED en galego relacionados co mundo das ciencias da Saúde. Esta foi unha convocatoria da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Enfermaría da USC.

Ao concurso presentáronse un total de 31 traballos que achegan abundante material de divulgación científica, realizados normalmente cunha calidade técnica destacada, dispoñibles agora en galego. Todos os traballos poden visualizarse no sitio web de TED.com así como en YouTube. Para facilitar o acceso a eles de forma máis directa, o Servizo de Normalización Lingüística deseñou unha páxina web que remite directamente á versión localizada ao galego, así como unha lista de reprodución en YouTube.

Os vídeos TED, todos dun máximo de 18 minutos, versan sobre ciencia, tecnoloxía, sustentabilidade, pobreza, arte ou entretemento, entre outras temáticas, e están dispoñibles na rede de maneira gratuíta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2016.