Reunión do comité consultivo que participa na elaboración do Plan Estratéxico da Facultade de ADE 2016-2020
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC vén de acubillar a primeira reunión do comité consultivo que participa na elaboración dun plano estratéxico do centro universitario lugués para o período 2016-2020.
O cometido do comité consultivo do plano estratéxico da Facultade de ADE, un órgano asesor no que participan representantes do tecido empresarial, así como de órganos colexiados, ademais de responsables académicos, é o de debater as tendencias e cambios sociais de interese para a actividade docente e investigadora que se desenvolve no centro. Trasladar e achegar á sociedade información sobre as actividades que se desenvolven no centro universitario, aumentar a proxección da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo na súa contorna e prestar asesoramento na elaboración e tamén na posterior implantación das medidas contempladas no Plan Estratéxico da Facultade, son outras das tarefas nas que estará implicado este comité.