Pasar al contenido principal

Odontoloxía celebra este sábado o acto de graduación

O Colexio de Fonseca acolle este sábado 18 o acto de graduación de Odontoloxía, que se desenvolverá a partir das 18.30 horas coa presenza do reitor Juan Viaño. Apadriña a promoción o profesor da USC Jacobo Limeres.

En representación do alumnado intervirán no acto Fátima Méndez e Sergio Piñeiro, e haberá tamén breves discursos do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal Otero, e do vicedecano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Antonio Suárez Quintanilla.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2016.