Pasar al contenido principal

AS VI xornadas AGALI presentan este mércores en Ciencias da Educación o Proxecto Terra

AS VI xornadas AGALI presentan este mércores en Ciencias da Educación o Proxecto Terra
AS VI xornadas AGALI presentan este mércores en Ciencias da Educación o Proxecto Terra

A Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica (AGALI) que preside o profesor da USC Xosé Carlos Macía desenvolve este mércores 2 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) as súas sextas xornadas, que dedicarán á presentación do Proxecto Terra.

O encontro terá lugar no Salón de Actos a partir das 17.30 horas e nel Rocío Romar Roel será a encargada de presentar o proxecto e a súa vinculación curricular coas etapas educativas da educación primaria e secundaria, ademais de facer un repaso aos principais contidos didácticos e presentar experiencias de aula.

Aínda que aberto a toda persoa interesada, o encontro diríxese especialmente ao alumnado do mestrado de Profesorado para Educación Secundaria nas especialidades de Didácticas aplicadas en ciencias sociais e naturais, do mestrado de Xeografía e do grao de Mestre/a en Educación Primaria.

Nestas sextas xornadas colaboran os grupos de investigación da USC Roda e ANTE, a rede NEDAT, o Colexio de Xeógrafos de Galicia e a propia asociación AGALI.

Terra
Terra é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e co financiado pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria co obxectivo de colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2016.