Pasar al contenido principal

O profesor Joaquín Roy impartirá un seminario sobre o acordo de libre comercio entre a UE e Estados Unidos

O profesor Joaquín Roy impartirá este mércores 2 de marzo o seminario ‘O acordo de libre comercio e inversión entre a UE e os Estados Unidos: implicacións para as relacións trasatlánticas’, que organiza o Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC dirixido tanto a xuristas como a estudosos/as dos ámbitos das ciencias políticas, a economía, a historia e, en xeral, a persoas involucradas en movementos sociais. A sesión desenvolverase entre as 12.00 e as 13.30 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito sen necesidade de inscrición previa.

Ademais de catedrático Jean Monnet de Integración Europea e director do Centro para a UE na Universidade de Miami, Joaquín Roy é codirector do Centro de Excelencia da UE Miami-Florida. Publicou máis de 200 artigos académico e recensións e é autor, editor ou coeditor de máis de 25 libros, o máis recente A historical dictionary of the European Union. Fóra do ámbito académico, Roy publicou columnas de opinión e artigos en numerosas revistas e xornais. Entre os premios que recibiu está a Encomenda da Orde do Mérito concedida polo rei Don Juan Carlos I.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2016.