Pasar al contenido principal

III Olimpíada filosófica de Galicia, este xoves na USC

A Facultade de Filosofía e o grupo Nexos de profesorado de secundaria organizan este xoves 3 na USC a III Olimpíada filosófica de Galicia. Trátase dun concurso nas modalidades de fotografía, vídeo, dilemas morais e disertación destinado ao alumnado de secundaria de todos os centros de Galicia.

A xornada dará comezo ás 11.00 horas coa recepción dos participantes, para logo ter lugar a defensa presencial dos dilemas morais e disertacións filosóficas. A xornada da mañá rematará cunha visita á Facultade e a representación dun monólogo filosófico tomado da versión de Don Juan por Teatro Voadora.

Xa pola tarde, o profesor da facultade Francisco Conde Soto pronunciará a conferencia ‘ Filosofía e revolución/transformación social/crítica’. A continuación desenvolveranse as defensas das modalidades de fotografía e vídeo e a entrega de premios e diplomas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2016.