Pasar al contenido principal

Este venres celébranse na USC as II Olimpíadas da Xeografía en Galicia

Este venres celébranse na USC as II Olimpíadas da Xeografía en Galicia
Este venres celébranse na USC as II Olimpíadas da Xeografía en Galicia

A Facultade de Xeografía e Historia acolle este venres 4 a partir das 10.00 horas as II Olimpíadas da Xeografía en Galicia. Organizadas polo Colexio de Xeógrafos de Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da USC, pretenden difundir entre os alumnos de bacharelato o interese por unha disciplina que permite analizar o mundo desde unha perspectiva integral.

As olimpíadas consisten nunha proba de 50 preguntas referidas ao programa de contidos coincidente co temario de selectividade. Os tres estudantes que acaden mañá os mellores resultados representarán a Galicia na fase estatal da VII Olimpíada de Xeografía de España, que terá lugar en Salamanca no mes de abril.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2016.