Pasar al contenido principal

Xornada ‘Móvete’ para coñecer a oferta de prácticas internacionais e de mobilidade

Xornada ‘Móvete’ para coñecer a oferta de prácticas internacionais e de mobilidade
Xornada ‘Móvete’ para coñecer a oferta de prácticas internacionais e de mobilidade

A Universidade de Santiago organiza este xoves, 1 de decembro, a xornada ‘ Móvete. Programas de prácticas internacionais, recursos e oportunidades de traballo e mobilidade para a mocidade’. Terá lugar na Facultade de Relacións Laborais de 9:30 a 13:30 horas.

Dirixida a estudantes de últimos cursos e mestrado, persoal investigador e titulados recentes da USC, esta xornada gratuíta –coa matrícula aínda aberta– comezará cun bloque sobre programas de prácticas internacionais, con especial atención ao Erasmus Prácticas e o Programa Galeuropa.

Nun segundo bloque achegaranse outros recursos de interese para a mobilidade internacional como a Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais, as bolsas da FGE, o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE) ou Eurodesk, o Servizo de información sobre programas e iniciativas europeas. A sesión finalizará coa Rede Eures, o portal europeo da mobilidade profesional que facilita a busca de emprego na UE.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2016.