A cuarta promoción do grao en Bioloxía celebrou este sábado o acto de graduación
O acto de graduación da cuarta promoción do Grao en Bioloxía da USC reuniu o pasado sábado no Auditorio de Abanca a máis de 80 estudantes nunha cerimonia que presidiu a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey.
Participaron tamén na celebración o decano da Facultade de Bioloxía, Antonio Segura Iglesias; o presidente do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, José Pelayo Míguez Baños; e Lucía García Jartín e Santiago Vidal Freir en representación do alumnado.
Margarita Basanta Alves, profesora titular de Ecoloxía, e Pilar Arias Crespo, de Bioquímica, foron as madriñas desta promoción.