Pasar al contenido principal

Política, física e economía nun debate sobre o fuso horario en España

Política, física e economía nun debate sobre o fuso horario en España
Política, física e economía nun debate sobre o fuso horario en España
Volven este venres as ‘Regueifas de ciencia’ cun novo debate

A posibilidade de que España cambie o seu fuso horario é un tema recorrente en España, moitas das veces en campaña electoral e outras coincidindo co tránsito ao horario de inverno ou verán. De producirse ese cambio teriamos a mesma hora que Lisboa ou Londres, pero ¿coñecemos as consecuencias?.

Para atopar unha resposta á pregunta a USC convídanos a unha nova Regueifa da Ciencia este venres 10 na que catro voces diferentes defenderán as súas posturas ben diferenciadas nun debate de tipo Oxford, é dicir, con moderador, quendas de palabra cronometradas e unha estrutura por bloques.

A partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación, o público asistirá á regueifa entre o equipo a favor do cambio de fuso do portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, e do coordinador internacional da Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE) e profesor de Economía e Empresa na UNED, José María Fernández-Crehuet e o do bando oposto, co catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira e o profesor de Física da Universidade de Sevilla, José María Martín-Olalla.

Todos participan
Para comprobar a efectividade desta clase de confrontacións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate.

O equipo que organiza as Regueifas, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo animando a un debate previo a través das súas contas en Facebook (http://www.facebook.com/regueifas) e Twitter (@regueifaciencia).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2016.