Pasar al contenido principal

Carlos Franco Abuín, profesor da USC no Campus Terra, ingresa este martes na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

O profesor do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo, Carlos Manuel Franco Abuín, formalizará este martes, ás 18.00 horas, no compostelán Pazo de San Roque, o seu ingreso como académico numerario da Academia de Ciencias Clínicas Veterinarias de Galicia.

O discurso de ingreso que pronunciará Franco Abuín no seu acto de toma de posesión como académico de número desenvolverase baixo o título ‘Un alegato en defensa do consumo de carne e alimentos de orixe animal’. A réplica á súa intervención correrá a cargo do académico de número catedrático da USC Pablo Díez Baños. O acto de ingreso de Carlos Manuel Franco Abuín na Academia Galega de Ciencias Veterinarias desenvolverase no marco dunha sesión pública, á que asistirán, entre outros, o presidente da académica, José Luis Factor Rodríguez, e a secretaria xeral da entidade, a tamén catedrática da USC María Patrocinio Morrondo Pelayo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2016.