Pasar al contenido principal

Máis de 100 expositores facilita a elección dun futuro destino a quen valore participar en programas de mobilidade da USC

O reitor Juan Viaño, nun momento da visita a un dos stands. Foto: Servimav-USC
O reitor Juan Viaño, nun momento da visita a un dos stands. Foto: Servimav-USC
A quinta edición do International Day trasladarase a vindeira semana a Lugo

Estudantes de África, Europa, América ou Asia converteron o claustro baixo de Xeografía e Historia en punto de confluencia das culturas dos seus respectivos países de orixe no marco da quinta edición do International Day. O obxectivo da xornada é difundir os programas de mobilidade internacional no eido da educación, voluntariado, educación non formal a través da súa propia experiencia, facilitando así a elección dun futuro destino.

Neste simbólico foro cultural internacional, o International Day reúne máis de 100 expositores de China, México, Polonia, Venezuela, Colombia, Francia, República Checa, República Eslovaca, Turquía, Chile ou Vietnam, entre outros. O xoves 17 de novembro a xornada trasladarase á Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

En cada stand, os estudantes presentan os seus respectivos países de orixe facendo fincapé nos aspectos que consideran máis significativos tales como características xeográficas, estilo de vida, gastronomía e vida estudantil. Canto, música ou baile son outros dos atractivos da xornada. Esta é unha iniciativa que organiza a asociación Erasmus Compostela xunto coa Vicerreitoría de Internacionalización da USC e a Dirección Xeral de Universidades.

No International Day participan máis de 100 expositores. Foto: Servimav-USC O reitor presidiu a xornada no claustro baixo de Xeografía e Historia. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2016.