Pasar al contenido principal

Unha proxección documental en Física rememora a fabricación da primeira bomba atómica

A Aula Magna da Facultade de Física acollerá este martes 15 a proxección do documental ‘That’s the story. R. Glauber rememora a fabricación da primeira bomba atómica’ tras o que se desenvolverá unha sesión de coloquio. A partir das 19.00 horas, moderará o debate posterior o produtor executivo da cinta José Ignacio Latorre.

A cinta ten como protagonista ao premio Nobel Roy J. Glauber, último científico vivo da División de Teoría do Proxecto Manhattan, quen narra a vida no Álamos e alude ás súas principais personalidades científicas, á primeira proba dunha arma nuclear en Trinity, ao bombardeo de Xapón e á secuela política do proxecto. Este documental contén material audiovisual recentemente desclasificado polo arquivo dos Álamos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2016.