Pasar al contenido principal

As NerdNites inician a vindeira semana o seu quinto ano de actividade

Cartel da sesión do martes 15
Cartel da sesión do martes 15

As NerdNites comezarán a videira semana o seu quinto ano de actividade cunha nova xornada o martes 15 en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

O profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social José María Miranda Boto botará ‘Unha mirada legal ao demo’, mentres que a investigadora do grupo de investigación Iacobus Miriám Elena Cortés López presentará a súa charla titulada ‘Queremos o formulario A-38. Vian á fiestra 1 polo corredor da esquerda, a última porta á dereita’.

Para completar o trío de intervencións que habitualmente integran as NerdNites, o divulgador cultural e profesor de Ciencias da Comunicación Manuel Gago Mariño presentará ‘Unha (micro)historia dos tesouros’. A sesión comezará ás 21.30 horas na Nave de Vidán. As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.11.2016.