Pasar al contenido principal

A investigadora Sara González, premiada pola Real Academia de Enxeñaría

Sara González, cuarta pola dereita, xunto a integrantes do grupo de Enxeñaría Ambiental
Sara González, cuarta pola dereita, xunto a integrantes do grupo de Enxeñaría Ambiental

A investigadora do Departamento de Enxeñaría Química Sara González García recibirá a vindeira semana, o próximo día 22, a Medalla Agustín de Betancourt y Molina, outorgada pola Real Academia de Enxeñaría na categoría de Investigadores Novos. Este é un recoñecemento dirixido a persoal investigador do ámbito da enxeñaría así como a profesionais novos que teñan realizado labores de innovación, achegas profesionais notorias ou obra singular en calquera dos ámbitos profesionais da enxeñaría española.

Sara González, unhas poucas mulleres premiadas da área de Enxeñaría Química na historia destes premios, pertence ao grupo de Enxeñaría Ambiental. Titulouse en Enxeñaría Química en 2005 e catro anos despois doutorouse coa tese ‘Environmental assessment of wood and non wood based products’, dirixida por Gumersindo Feijoo Costa e María Teresa Moreira Vilar. Realizou estadías en The Forestry Research Institute fo Sweden (Suecia), na Universidade de Leiden (Holanda), Imperial College Londom (Reino Unido) e Universidade de Aveiro (Portugal). É autora de 66 artigos en revistas internacionaus incluídas no Scientific Citation Index, conta cun índice h de 21 e un Research Gate Score de 36,31.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2016.