Pasar al contenido principal

Uns 300 estudantes de dez centros de ensino medio coñecen nunha xornada a oferta de estudos e servizos do campus de Lugo

Javier López e Montserrat Valcárcel dan a benvida ao estudantado preuniversitairo no auditorio de Veterinaria
Javier López e Montserrat Valcárcel dan a benvida ao estudantado preuniversitairo no auditorio de Veterinaria
A vicerreitora Montserrat Valcárcel salienta a capacidade das titulacións ofertadas pola USC no campus lugués para “satisfacer as inquedanzas medioambientais da mocidade”

Arredor de 300 estudantes de ensino medio procedentes de 10 centros educativos das provincias de Lugo e da Coruña (CPI López Suárez de Escairón, Ies Tino Grandrío de Guntín, Ies Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo; Ies Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos; Ies de Becerreá; Ies de Monterroso; Ies Illa de Sarón, de Xove; Ies María Sarmiento, de Viveiro; Ies Val do Asma, de Chantada; Ies da Pobra, de Proba do Caramiñal) coñecen este martes a oferta académica e os servizos que oferta a USC na sede universitaria luguesa no marco da primeira quenda de visitas organizadas no marco dos ‘Encontros no Campus Terra da USC’, unhas xornadas informativas e de convivencia promovidas polo programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, recibiu aos novos visitantes no auditorio Enrique Antonio González García da Facultade de Veterinaria, cunha recepción de benvida, un acto no que tamén participou o coordinador no campus de Lugo do programa ‘ A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, o profesor Francisco Javier López González, así como estudantes universitarios e persoal e docentes das diversas escolas e facultades do campus de Lugo, que, en quenda de mañá, acompañarán ao alumnado preuniversitario nas visitas que realicen aos diversos centros e instalacións da sede universitaria luguesa.

Valcárcel aproveitou este breve encontro co alumnado de ensino secundaria e Bacharelato para salientar as múltiples potencialidades que agroma a sede universitaria luguesa da USC, “un campus capaz de canalizar e dar resposta ás grande sensibilidade medioambiental que manifestan as novas xeracións de mozos e mozas”.

“O de Lugo é un campus bonito, atractivo para estudar, accesible e ben estruturado na súa oferta de estudos e servizos”, dixo Valcárcel, para, de seguido, facer fincapé no carácter pioneiro nas investigacións que se desenvolven nesta sede da USC nos ámbitos forestal, agronómico e no referido a ordenación e planificación do territorio, “características que converten o campus de Lugo nun campus de referencia”, afirmou.

O abano de títulos de grao e posgrao programados pola USC na sede de Lugo permite atender as diferentes preferencias do alumnado, desde a Química, ciencias sociais e da saúde, o ensino, enfermaría, veterinaria..., pero sobre todo, ofrece “a posibilidade de contribuír a transformar o mundo a través das enxeñarías, xa desde o ámbito agronómico e forestal, xa a través da Enxeñaría Civil ou de Procesos Químicos Industriais”.

Unha vez rematado o acto de benvida, durante o que todos/as participantes asistiron a unha breve explicación sobre o campus de Lugo, as súa configuración e os distintos itinerarios formativos e de investigación que ofrece, os/as estudantes preuniversitarios, distribuídos ben por centros de procedencia ou en grupos en función das súas preferencias académicas, visitaron as distintas facultades e escolas do campus de Lugo, onde, ademais de coñecer as instalacións universitarias, desenvolveron diversos obradoiros e actividades en compañía do profesorado de cada centro.

Alumnado participante no encontro celebrado no campus de Lugo

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2019.