Pasar al contenido principal

Enrique Zas lembra a vinculación de James Cronin coa USC

O profesor do Departamento de Física de Partículas Enrique Zas lembra a figura do recentemente falecido premio Nobel James Cronin, quen mantiña unha estreita colaboración con investigadores da USC. De feito, como destaca o profesor Zas, en 1995 o grupo de Astrofísica de Partículas da universidade compostelá foi convidado ao laboratorio Fermilab a participar no deseño do Observatorio Pierre Auger.

Entre as súas últimas visitas á USC atópanse a súa participación no programa de divulgación ConCiencia así como o seu nomeamento como doutor honoris causa pola USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.09.2016.