Pasar al contenido principal

Tres corporacións e un centro de investigación europeo buscarán na USC solucións matemáticas a problemas da súa actividade cotiá

Co obxectivo de atopar solucións concretas baseadas en propostas matemáticas a cuestións reais de empresas, o próximo luns 19 comezará na Facultade de Matemáticas da USC a 122 European Study Group with Industry (122 ESGI). Esta é unha iniciativa que se realiza en diversas sedes europeas dende 1968 poñendo en contacto un grupo de investigadores con empresas para resolver mediante técnicas matemáticas as problemas e necesidades que lle formulen.

No encontro a celebrar a vindeira semana entre o luns 19 e o venres 23, tratarase de achegar solucións baseadas en modelización, estatística e bigdata a tres corporacións españolas e un centro de investigación europeo. A experiencia de encontros pasados apunta a que “o 100% das industrias que participaron en congresos anteriores tiveron éxito, explica a profesora Peregrina Quintela, directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Tan bos resultados, relaciónaos a docente coa “excelencia do evento”, pois baixo as siglas ESGI só poden celebrarase encontros que acrediten un equipo investigador de alto nivel.

Tras cinco días de traballo individualizado e a porta pechada entre empresas e investigadores/as, cada un dos catro participantes recibirá un informe coas conclusión alcanzadas. “ Non significa que todos salgan coa solución definitiva baixo o brazo, pero si cunha proposta de acción concreta baseada en técnicas matemáticas”, explica a profesora Quintela. Ademais, quen estea interesado en continuar co equipo matemático, axúdaselle tamén a elaborar propostas para obter co financiamento de convocatorias de I+D+i.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.09.2016.