Pasar al contenido principal

A banda de Xiao Berlai presenta a súa mestura de música e ilustracións na Casa do Saber no marco do Lubicán íntimo

Compoñentes da banda Berlai, o primeiro proxecto musical de Iago Berlai
Compoñentes da banda Berlai, o primeiro proxecto musical de Iago Berlai
O concerto, de acceso libre e de balde ata completar o aforo, desenvolverase este martes 23 de abril a partir das 20.30 horas e contará coa intervención de Lois Pérez

A banda Berlai, que constitúe o primeiro proxecto musical de Xiao Berlai (Fía na Roca), quen optou por xuntar e mesturar o seu talento musical coa creatividade do ilustrador Xerardo Torterolo, presentará este martes, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o seu particular collage de cancións, debuxos, poemas e secuencias narrativas, no marco dos Xoves de Moda do Lubicán íntimo, un dos ciclos musicais programados ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Berlai, unha banda na que Iago Mourinho (teclados), Pablo Pérez (baixo eléctrico) e Bruno Couceiro (batería), acompañan a voz, mandolina e guitarra de Xiao Berlai e as ilustracións de Torterolo, é música e ilustración.

O directo de Berlai ofrece un espectáculo único no que é posible gozar de música e da narrativa ilustrada ao vivo e ao mesmo tempo, nun xeito de travesía por unha historia emotiva e real como é a dun home descoñecido que prefire vivir a súa vida como se fose un soño.

Berlai achega unha historia que achega unha explosiva mestura de realismo sutil, cru e obsceno co lirismo máis sensible, un relato transformado no plano musical en pop-rock con gotas de trad ou mesmo de ska, que trasladan mensaxes íntimas e tamén comprometidas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2019.