A Facultade de Medicina e Odontoloxía acolleu o acto de benvida do seu alumnado
O decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, presidiu esta mañá senllos actos de benvida para o estudantado dos graos de Odontoloxía e Medicina. Neste último, celebrado no Salón de Actos do centro, participaron tamén o xerente do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Luis Verde; integrantes do equipo decanal, así como o director da Biblioteca da Facultade, Xosé A. Regos, e representantes das asociacións Meiga e AEGME.
O decano destacou que se trata duns estudos que esixirán esforzo ao longo da carreira pero tamén no posterior desenvolvemento da súas respectivas vidas profesionais. Gestal agradeceu a escolla da Facultade compostelá, unha das máis antigas de España e que este ano cumpre 369 anos. O encontro serviu para dar a coñecer ao alumnado aspectos prácticos do centro así como referencias de utilidade para a etapa universitaria que comeza para moitos estudantes.