Pasar al contenido principal

O XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural distingue a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia

De esquerda a dereita, Paneto, Viaño, Rodríguez e Bueno, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
De esquerda a dereita, Paneto, Viaño, Rodríguez e Bueno, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
O xurado, presidido polo reitor Juan Viaño, resolve en Lugo o certame promovido polo grupo Aresa e USC e ao que concorreron 15 candidaturas. A cerimonia de entrega do galardón, dotado con 10.000...

O xurado do XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica)

A candidatura gañadora resultou escollida entre un total de 15 propostas presentadas, logo de que os integrantes do xurado, presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, examinaran a documentación recibida e tralas oportunas deliberacións ao respecto. O presidente do grupo empresarial Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o conselleiro delegado de Calfensa Proxectos, José Ramón Panete Fernández; o vicerreitor de Innovación e Transferencia da Universidade de Córdoba e membro da comisión asesora externa do Campus Terra, Enrique Quesada Moraga, e o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, tamén formaron parte do tribunal encargado de xulgar as candidaturas presentadas ao XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. A cerimonia de entrega deste galardón terá lugar previsiblemente o vindeiro 3 de febreiro de 2017 na Facultade de Veterinaria de Lugo, tal e como adiantou Álvaro Rodríguez Eiras. A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) fundouse en 1994 por trece gandeiros que confiaban nas posibilidades do sector. Deste xeito foi a primeira e única asociación que logra agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia. Na actualidade, Ovica, que ten ten maior implantación nas provincias de Lugo e Ourense, conta cun gran numero de asociados/as que representan un importante volume produtivo o que dá boa conta da relevancia e representatividade da asociación nun sector cun grande potencial en Galicia Hoxe están asociadas a OVICA un gran número de explotacións de ovino e caprino de toda Galiza, con mais de 45.000 cabezas reprodutoras, que representan arredor do 20% do total do censo de ovino e caprino galego, e mais da metade de todas as explotacións galegas con mais de 100 animais, cifras que dan boa conta da representatividade da Asociación neste sector. Premiados nas edicións anteriores Na traxectoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro-labranza’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010) e a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011). Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012), Alibós Galicia, que foi a gañadora da edición de 2013, e a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, que recibiu este galardón na súa edición de 2014. O grupo empresarial galego Agroamb, que atopa a súa sede empresarial no concello lugués de Castro de Rei, resultou merecedor do premio na edición de 2015.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.12.2016.