Pasar al contenido principal

Comeza en Ciencias da Comunicación o III Festival Internacional de Cine Carlos Velo FICCVelo

A terceira edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo comeza este mércores 14 ás 17.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, cunha mesa redonda sobre Carlos Velo na que participarán Luis Álvarez, Fernando Redondo e Xosé Ramón Pousa, bos coñecedores da vida e da obra do cineasta de Cartelle.

A continuación, terá lugar a estrea da curtametraxe ‘Carlos Velo en México’ –unha coprodución de Roberto López, discípulo de Velo, con Arraianos, Lareira Pop e o FICCVelo. A cinta recolle os testemuños da súa viúva, Carol de Swann e de alumnos, discípulos, técnicos e profesionais da publicidade, documentalistas e cineastas que falan da fonda pegada de Carlos Velo no país, coa súa actividade como cineasta e co deseño e a creación do Centro Nacional da Curtametraxe e o Centro de Capacitación Cinematográfica, de onde saíron os grandes profesionais do cine e da televisión de México.

A xornada rematará coa proxección dos traballos finalistas do certame na categoría de documental: ‘Las Pelotaris’, de Daniel Burgui (España); ‘¡Aúpa, Delibes!’, de Daniel Rivas Pacheco (España); ‘Ecuador, con los ojos cerrados’, de Daniel Chamorro (España); ‘N’ Diawaldi Bouly’, de Natxo Leuza (España); e ‘Nobody Dies Here’, de Simon Panai (Francia).

Avance de xoves e venres
O programa do FICCVelo continúa o xoves 15 en Ciencias da Comunicación cunha mesa redonda ás 17.00 horas sobre cine rural con organizadores, profesores da Facultade e Mapama e a proxección dos traballos finalistas na categoría de Ficción.

Xa o venres 16, de 10.00 a 12.00 horas, haberá unha retrospectiva dunha escolma de fondos do Mapama con Aser Álvarez e a presentación por parte de Juan Manuel García Bartolomé dos materiais seleccionados. A clausura será ás 12.00 horas coa proxección dos tres traballos premiados: Mellor Ficción, Mellor Documental e Premio do Público.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2016.