Xornada de apoio ao consumo do leite fresco e cata de lácteos na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC
O Campus Terra da USC súmase a prol do sector leiteiro galego coa celebración este martes dunha xornada de apoio ao consumo do leite fresco na Facultade de Ciencias, onde tamén se poderá participar nu coloquio con produtores de leite non homoxeneizado de Lugo, que ofrecerán ás persoas interesadas diversos produtos para catar.
A xornada, organizada pola asociación Leite Lugo, desenvolverase a partir das 16.00 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias de Lugo. O catedrático de Tecnología de los Alimentos da USC Ángel Cobos abrirá a quenda de relatorios cunha intervención sobre a elaboración de leite de consumo. De seguido, o investigador sénior del Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur Carlos Spuch explicará as propiedades do leite para a saúde humana. O veterinario afincado na Pastoriza Carlos Riveira pechará a quenda de intervencións cunha exposición a prol do consumo de leite e da defensa dos animais no contexto social urbano. A sesión contempla asemade a celebración dunha sesión de cata e de conversas con produtores de leite non homexeneizado de Lugo, na que intervirán representantes das empresas Arqueixal, D’ Vaca, Lácteos Vidal, Quintián e Veigaría. Para participar na degustación cómpre inscribirse previamente a través de la dirección electrónica leitelugo [at] gmail.com (leitelugo[at]gmail[dot]com).