Nova actividade para mellorar competencias para o proceso de inserción laboral
A USC mantén aberta a matrícula na actividade ‘ Competencias e habilidades profesionais para universitarios: habilidades básicas de comunicación interpersoal e realización de presentacións orais eficaces’ para axudar o estudantado a mellorar as súas oportunidades de inserción profesional.
Este charla gratuíta, que forma parte do Programa de Formación para a Empregabilidade da USC para este ano, terá lugar o día 20 de 16:00 a 20:00 h na Facultade de Relacións Laborais.