Pasar al contenido principal

A mediación intercultural no ámbito socioeducativo, a debate nun curso do 6 ao 9 de xuño en Formación do Profesorado

Cartaz da Universidade de Verán 2016
Cartaz da Universidade de Verán 2016

‘A mediación intercultural no ámbito educativo’ é o título do curso de verán da USC dirixido por María Lidia Platas e no marco do que distintos relatores abordarán do 6 ao 9 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo cuestións relacionadas coa realidade social das persoas inmigrantes, os procesos de exclusión social ou a atención á diversidade. Estruturado en 26 horas formativas repartidas ao longo de catro xornadas e cuxas sesións se desenvolverán en quenda de mañá e tarde, este programa da Universidade de Verán da USC contará como relatores co catedrático de Antropoloxía Social da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Giménez Romero; Irene Jiménez Cortiñas, axente intercultural da Fundación Secretariado Xitano; o consultor, asesor e mediador de organizacións multiculturais, Daniel Zaidam, e coa profesora da área de Filosofía da USC Beatriz Fernández Herrero. Logo dunha primeira xornada de aproximación a algunhas realidades culturais diferentes que teñen incidencia directa no ámbito educativo, a análise da tipoloxía dos conflitos advertidos, a figura do mediador e as técnicas de mediación entre culturas centrarán a temática dun foro estival da USC, no marco do que tamén se tratarán as saídas laborais para profesionais da mediación, ademais de reflexionar sobre as bases éticas da interculturalidade a través dos dereitos humanos. As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste seminario formativo poden facelo a través da web da Universidade de Verán 2016 da USC, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste curso, para o que está aberta a matrícula.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2016.