Pasar al contenido principal

Empresarios de Angola piden asesoramento na Escola Politécnica para implantar unha explotación de acuicultura no país africano

Tomás Cuesta e Manuel Torres Labandeira, con emprsarios de Angola na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior
Tomás Cuesta e Manuel Torres Labandeira, con emprsarios de Angola na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior
O director da EPS, Tomás Cuesta, e o profesor Manuel Torres Labandeira, mantiveron unha xuntanza coa delegación africana promotora do proxecto

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC está a prestar asesoramento a emprearios de Angola que están a promover a construción dunha explotación de acuicultura no país africano e que previamente entraron en contacto con profesores e investigadores do centro universitario lugués, a fin de coñecer cuestións relacionadas coa viabilidade técnica deste proxecto.

O grao de colaboración da EPS cos empresarios angolanos promotores deste proxecto acuícola atópase aínda nunha fase incipiente. De feito, dous empresarios africanos implicados veñen de completar esta semana unha visita ao Campus Terra, onde mantiveron unha xuntanza de traballo co director da Escola Politécnica Superior da USC, Tomás Cuesta, así como co profesor Manuel Torres Labandeira, do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC. A proposta presentada pola comitiva de empresarios de Angola refírese á construción e posta en marcha dunha explotación de acuicultura centrada na produción de Tilapia, o nome xenérico co que se denomina un grupo de varias especies de peixe de orixe africano. As especies de Tilapia con maior interese comercial xa se están criar en piscifactorías de todo o mundo. Sen embargo, algunhas das características que presentan estes peixes, tales como as relacionadas co seu crecemento acelerado, tolerancia a altas densidades de poboación, adaptación ao cativerio e a unha ampla gama de alimentos, así como a súa resistencia a múltiples enfermidades ou a boa aceptación da súa carne branca e calidade fan da Tilapia unha especie de gran interese comercial para a acuicultura mundial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2016.