Encontro internacional na USC sobre alfabetización climática en educación secundaria
O proxecto RESCLIMA que dirixen Pablo Meira Cartea e Lucía Iglesias da Cunha na Facultade de Ciencias da Educación organizan este luns 23 e o martes o seminario internacional ‘A alfabetización climática en Educación Secundaria’.
Á Sala Martín Sarmiento da Facultade asisten desde a tarde do luns investigadoras e investigadores de México, Brasil, Italia e España que presentarán resultados de investigacións transculturais sobre as representacións sociais do cambio climático.