USC e Capaces Lugo presentan este luns a escola de verán Voluntariado Campus Terra 2016 en Formación do Profesorado
A directora da Escola de Verán da USC, Victoria Barreiro; a presidenta da asociación Capaces Lugo, Ángeles Fernández Núñez, e Fátima Teixeiro, responsable de voluntariado no campus de Lugo da USC, presentarán este luns 30 de maio, a partir das 16.15 horas, na aula 24 B da Facultade de Formación do Profesorado a primeira escola de véran dirixida a nenos e nenas con trastornos do espectro autista (TEA) ou con trastornos de comunicación (TC).
Esta nova inicativa, que se desenvolverá baixo o nome de Voluntariado Campus Terra Verán 2016, permitirá á comunidade universitaria participar e colaborar en actividades de voluntariado durante unha ou varias semanas nos meses de xullo e agosto.