Pasar al contenido principal

Ciencias impulsa a creación do Colexio Profesional de Dietistas Nutricionistas de Galicia e acolle a súa asemblea constitutiva

De esquerda a dereita, Martínez Ageitos, Bueno lema e López Gómez, na Facultade de Ciencias
De esquerda a dereita, Martínez Ageitos, Bueno lema e López Gómez, na Facultade de Ciencias
O presidente da Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas, José Antonio López Gómez, lidera a única candidatura presentada para asumir as rendas do novo colexio

A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC impulsa o nacemento do Colexio Profesional de Dietistas Nutricionistas de Galicia, a cuxa presidencia só concorreu a candidatura encabezada polo actual presidente da Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas, José Antonio López Gómez, coa celebración dun foro informativo e divulgación respecto a situación actual e do futuro tanto da profesión como dos profesionais.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos, ademais do citado José Antonio López, foron os encargados de inaugurar este foro, cuxo programa comezou cunha intervención da presidenta do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Dietistas e Nutricionistas de España, Alma Palau, quen fixo unha análise do presente e do futuro da profesión. A quenda de relatorios proseguiu cunha intervención do avogado Antonio Valls, quen abordou na súa exposición o marco legal de regulación da profesión, e rematou cunha intervención de Giuseppe Russolillo, patrono da Fundación Española de Dietistas Nutricionistas, que ofreceu unha visión global da profesión no mundo. A importancia da colexiación profesional dos dietistas nutricionistas centrou a última hora da mañá a temática dos debates da mesa redonda que serviu de colofón destas xornadas e na que, ademais dos tres relatores antes citados, tamén participará o presidente da Asociación Galega de Dietistas Nutricionistas, José Antonio López Gómez. Unha vez rematadas as distintas actividades formativas e informativas programadas, as persoas interesadas participaron en quenda de tarde na asemblea de constitución do Colexio Profesional de Dietistas Nutricionistas de Galicia, cuxa primeira sede tamén estará emprazada na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC. Asistentes ás xornadas sobre nutrición e dietética celebradas en Ciencias

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2016.