USC e Concello de Xermade avogan por valorizar a agricultura e a gandeiría en Galicia nas XII Xornadas Interxeracionais Rurais
As XII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, un foro organizado pola Facultade de Ciencias da Educación da USC e o Concello de Xermade en colaboración con outras entidades e institucións, afondarán nesta edición na posta en valor da agricultura e a gandería en Galicia no marco dun foro no que tamén se falará sobre a situación actual do campo galego, así como dos seus problemas e dos retos que lle agardan no futuro.
Estruturadas en tres xornadas, que se desenvolverán os días 28 de maio, 4 e 11 de xuño, no local social de Cabreiros, as XII Xornadas Interxeracionais Rurais ‘Aprendendo dos nosos maiores’ comezarán comezarán este sábado, ás 10.30 horas, cun acto inaugural presidido polo alcalde de Xermade e no que tamén intervirán representantes da USC, así como da Asociación de Veciños de Cabreiros, Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (Ceesg), así como do movemento de renovación pegadóxica Nova Escola Galega. A primeira sesión temática desenvolverase este sábado, a partir das 11.30 horas, cun coloquio sobre agricultura e gandería guiado por Adolfo Cabarcos e no que intervirán como relatores e eurodiputada Lidia Senra, Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, e Rocía Pena, da asociación veciñal de Miraz, no concello de Friol. A valorización dos recursos naturais e sociais centrarán as sesións programadas este sábado en quenda de tarde. Ao seu remate, o coordinador do proxecto Esmelle, orientado á recuperación rural a través da veciñanza, fará unha presentación do mesmo e exporá os resultados xa obtidos ao público asistente. As xornadas terán continuidade o sábado 4 de xuño, cando está prevista a celebración dun centro de asociacións de Xermade, no marco dun acto no que se presentará a guía de asociacións veciñais, culturais e xuvenís. As actuacións da escola municipal de pandeireta Saime, de San Sadurniño, e da Asociación Cultural Aturuxeiras, de Cedeira, cerrará o programa matinal. Un obradoiro de radio para todos os públicos dará continuidade á xornada en quenda de tarde. A derradeira sesión das XII Xornadas Interxeracionais Rurais será o 11 de xuño e comezará cun relatorio sobre a enfermidade de Crohn e colitis ulcerosa, a cargo da doutora Ana Echarri Piudo. A entrega do Premio Xermade na Historia e a presentación da segunda edición deste certame pechará a programación matinal. Xa pola tarde haberá un espectáculo de maxia, da man de Dani Garcia, e a representación teatral da peza ‘Universos de Fantasía’, a cargo do grupo Alentía Teatro.