Pasar al contenido principal

Un documental de alumnado de Ciencias da Comunicación presentará a USC en formato 360º

Presentarase este xoves 12 na Facultade de Ciencias da Comunicación

O documental USC360 é un conxunto de catro pezas sobre a vida universitaria, a cultura, a ciencia, o deporte a historia da Universidade de Santiago gravadas en 360º, o que o converte nun dos primeiros proxectos destas características que se realiza en Galicia. Os seus promotores, un grupo de estudantes de 4º de Xornalismo dirixidos por Manuel Gago no marco da materia de Novos formatos e produtos para a rede, presentarán o documental este xoves 12 na Sala 3 de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación a partir das 12.00 horas.

A presentación, logo dunha explicación do proxecto e da tecnoloxía empregada, realizarase coa utilización de lentes de realidade virtual, o que permitirá aos asistentes descubrir distintos puntos da vida universitaria, tales como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca América ou o pavillón de atletismo do campus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2016.