Estudantes mexicanos convidan ao seu ‘Día dos Mortos’ na USC
Achegándonos ao noso Día de Defuntos ou Día de Todos os Santos, no continente irmán, e máis concretamente en México, celebran o seu ‘Día dos mortos’, unha festividade que ten a súa orixe na cultura prehispánica.
Para achegar as claves fundamentais que compoñen unha das tradicións que máis marcan a cultura mexicana, un grupo de estudantes dese país organiza o día 2 de novembro unha xornada en Xeografía e Historia na que mostrarán cómo se elaboran as coñecidas ‘calaveritas’ e simularán na Igrexa da Universidade unha ofrenda típica aos mortos con todos os elementos que forman parte dela.
O obradoiro de calaveritas comezará ás 18.00 horas na aula 18 da Facultade, cunha pausa ás 19.00 horas para participar na ofrenda. As persoas interesadas deben inscribirse previamente en icruzp [at] uaemex.mx (icruzp[at]uaemex[dot]mx).