Pasar al contenido principal

O proxecto Empréga-T comeza este martes cunha charla sobre a importancia das competencias para o desenvolvemento profesional

O proxecto ‘Emprega-T: as 8 T’s do talento’ da USC comeza este martes 11 cunha charla, de entrada libre previa inscrición, titulada 'Situación actual do mercado laboral e perspectivas de futuro: a importancia das competencias para o desenvolvemento profesional’. A actividade terá lugar ás 12.00 horas na Facultade de Ciencias Económicas (Campus Norte) e ás 16.00 na de Relacións Laborais (Campus Vida).

Concibido como un programa que traballará as habilidades brandas do seu estudantado de cara a facilitarlle a súa entrada ao eido profesional, o prazo de inscrición en Emprega-T xa está aberto en www.empregate.usc.es. Nesta ocasión, e co financiamento do Consello Social, o proxecto desenvolverase tanto no Campus Norte como no Campus Vida para favorecer a participación de todo o alumnado da USC de Santiago. Outra novidade desta edición é que se conta co recoñecemento académico de 1 crédito ECTS.

Charla de inicio e programa
O programa continuará ao longo do mes con obradoiros sobre comunicación e presentación en público, cómo destacar entre outras candidaturas, autocoñecemento, emprendemento e unha mesa redonda sobre os estudos de posgrao e o seu impacto no mercado laboral.

Xa para os días 8 ao 10 de novembro está previsto un itinerario de adestramento individual para a procura de emprego, que en edicións pasadas gozou de moito éxito entre os participantes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2016.