Pasar al contenido principal

A editora en xefe da revista Chemical and Engineering News falou na USC sobre comunicación científica

A editora en xefe da revista Chemical and Engineering News falou na USC sobre comunicación científica
A editora en xefe da revista Chemical and Engineering News falou na USC sobre comunicación científica
Bibiana Campos é licenciada en Química pola USC

Bibiana Campos Seijo, editora en xefe da revista Chemical and Engineering News -a revista semanal da American Chemical Society- pronunciou este luns no CiQUS a conferencia ‘Comunicacións científicas: de Galicia para o mundo’ na que compartiu as experiencias que a levaron a desenvolver unha carreira no ámbito da comunicación científica.

Licenciada en Química pola USC, Bibiana Campos é responsable dun grupo de xornalistas e editores que cobren o ámbito da química e a enxeñaría química en todos os seus aspectos, dende as últimas novidades en investigación e desenvolvemento ata as máis recentes en educación e industria.

Dende o que a atraeu á ciencia dende unha idade temperá ata chegar a liderar un equipo de xornalistas para a sociedade científica máis grande do mundo, a doutora Campos Seijoo rememorou na conferencia a súa viaxe cara o mundo do xornalismo científico. Ademais ofreceu orientación a todas aquelas persoas que desexen seguir os seus pasos describindo os que considera que son atributos e cualidades necesarias.

Con anterioridade, Bibiana Campos foi editora en xefe dun grupo de revistas publicadas por Advanstar Communications e, máis recentemente, da revista Chemistry World, publicación mensual da Royal Society of Chemistry. Tamén ten experiencia como editora técnica na European Respiratory Society e é vicepresidente d a Co C&EN Media Group.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2016.