Pasar al contenido principal

Continúa aberta a inscrición no programa Empréga-T para facilitar a procura de traballo ao estudantado da USC

Continúa aberta a inscrición no programa Empréga-T para facilitar a procura de traballo ao estudantado da USC
Continúa aberta a inscrición no programa Empréga-T para facilitar a procura de traballo ao estudantado da USC
Por participar concédese un crédito ECTS

A Universidade de Santiago mantén aberto o prazo de inscrición no proxecto ‘ Emprega-T: as 8 T’s do talento’ na USC, concibido como un programa que traballará as habilidades brandas do seu estudantado de cara a facilitarlle a súa entrada ao eido profesional.

Tras varias actividades desenvolvidas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais nos últimos anos enfocadas a mellorar as competencias profesionais do estudantado, nesta ocasión co financiamento do Consello Social o proxecto desenvólvese tanto no Campus Norte como no Vida para favorecer a participación de todo o alumnado da USC de Santiago. Outra novidade desta edición é que se conta co recoñecemento académico de 1 crédito ECTS para o alumnado de grao da USC que asista ao 80% das horas.

Logo da sesión inaugural a pasada semana, o programa continúa ao longo deste mes con obradoiros de comunicación e presentación en público (25 outubro), cómo destacar entre outras candidaturas (26 outubro), autocoñecemento (27 outubro), emprendemento (22 e 23 de novembro) e unha mesa redonda (24 novembro) sobre os estudos de posgrao e o seu impacto no mercado laboral.

Nos días 8 a 10 de novembro está previsto un itinerario de adestramento individual para a procura de emprego, que en edicións pasadas gozou de moito éxito entre os participantes xa que puideron experimentar unha simulación real dun proceso de selección laboral. Emprega-T rematará o 25 de novembro cunha sesión de networking.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2016.