Pasar al contenido principal

A III Xornada de Usuarios de R en Galicia desenvolverase o xoves en Matemáticas

A III Xornada de Usuarios de R en Galicia desenvolverase o xoves en Matemáticas
A III Xornada de Usuarios de R en Galicia desenvolverase o xoves en Matemáticas

A Facultade de Matemáticas acolle este xoves 20 a III Xornada de Usuarios de R en Galicia, que pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade. A inscrición é de balde e de libre acceso.

Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG e patrocinada pola AMTEGA, coa xornada trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.

O programa contempla diversos relatorios ao longo de todo o día, ademais de dous obradoiros, un para usuarios noveis e outro para os máis avanzados, impartidos por Mª José Ginzo Villamayor, da USC, e Miguel Blanco Vázquez, da Universidade de Vigo.

Entre os participantes figuran especialistas da Oficina de Software Libre do CIXUG, de AMTEGA, do Instituto Galego de Estatística, da Consellaría de Sanidade e das tres universidades galegas.

A xornada retransmitiranse en directo a través da canle https://www.r-users.gal/pagina/difusion-en-vivo .

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2016.