Pasar al contenido principal

Seminario en Matemáticas sobre a modelización matemática dun problema de multifísica na industria metalúrxica

O investigador do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial e doutorando da USC David González imparte este xoves 20 unha nova sesión dos seminarios do Departamento de Matemática Aplicada. Será ás 11.00 horas na Aula Seminario de Análise Matemática da Facultade.

Na charla ‘Modelización matemática dun problema de multifísica na industria metalúrxica’ abordará a descrición do problema físico dun forno industrial destinado á eliminación de impurezas por evaporación selectiva e presentarase o modelo matemático proposto para resolvelo. Ademais, analizarase a estratexia de simulación utilizada e amosaranse algúns dos resultados obtidos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2016.