Pasar al contenido principal

Un seminario en Xeografía e Historia profunda nos manuscritos iluminados

Un seminario en Xeografía e Historia profunda nos manuscritos iluminados
Un seminario en Xeografía e Historia profunda nos manuscritos iluminados

Pro iluminatura, expresión empregada polo miniaturista valenciano Sancho Gontier a comezos do XIV para referirse ao prezo a percibir pola decoración engadida a un manuscrito preexiste inacabado, é tamén o lema dun seminario que ao longo deste curso asomarase á Historia da Miniatura. Organizado pola profesora Mercedes López-Mayán este seminario será un foro de discusión e intercambio de coñecementos sobre manuscritos iluminados, preferentemente de orixe ibérica e sobre os seus métodos de estudos, xestión, conservación e posta en valor.

De asistencia gratuíta, previa inscrición no enderezo mercedes.lopez-mayan [at] usc.es (mercedes[dot]lopez-mayan[at]usc[dot]es), diríxese a persoas tituladas e estudantes de posgrao na área de Artes e Humanidades así como a doutorandos con especial atención aos do programa en Estudos Medievais e no de Historia, Xeografía e Historia da Arte, así como a persoal docente e investigador de Historia da Arte, Historia, Filoloxía románica e clásica e Ciencias e técnicas historiográficas e a público interesado.

Están previstas cinco sesións entre os meses de outubro e xuño, cada unha delas cunha duración de dúas horas. A primeira cita será o martes 18 de outubro de 11.00 a 13.00 horas para falar dos libros iluminados durante os séculos do gótico en Cataluña, da man de Josefina Planas, da Universitat de Lleida e continuará o día 13 de decembro, á mesma hora para abordar a creatividade e copia na miniatura plenomedieval hispana. Xa no mes de febreiro, o día 10, Ana Lemos e Catarina Fernandes Barreira, do Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa, tratan a análise de pigmentos ao servizo da Historia da Arte, mentres que o 4 de abril Francesca Manzari, da Università degli Studi di Rima La Sapienza, referirase á miniatura en Aviñón na primeira metade do século XIV e as súas relacións con Italia. O ciclo rematará o 6 de xuño, cando Alicia Miguélez, tamén do Instituto de Estudos Medievais de Lisboa, pronunciará o relatorio ‘Os beatos. Novas achegas’.

Todas as sesións celebraranse na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia. As persoas inscritas poderán solicitar un certificado de participación equivalente a 10 horas de formación. O formulario de inscrición así como a información sobre o ciclo está dispoñible na web do grupo Síncrisis. Investigación en formas culturais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2016.