Pasar al contenido principal

`Narrativas dixitais e xornalismo de datos´, curso de verán da USC

Do 1 ao 6 de setembro, na Facultade de Ciencias da Comunicación

Os responsables de contidos informativos on line de The Guardian, Prisa, 2btube, Open Knowlege Foundation, Noticias Univisión, El Confidencial, El Español e El Extrarradio, entre outros, danse cita esta semana na Facultade de Ciensias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, no curso de verán “Narrativas dixitais e xornalismo de datos”, que dirixe o profesor Xosé Neira Cruz e que comeza mañá, organizado polo proxecto campUSCulturae .

Entre os expertos que participaran como relatores, están o responsable de contidos dixitais de The Guardian, o galego Xaquín González Vieira, unha autoridade no sector que anteriormente se ocupou de tarefas semellantes en medios da importancia de Newsweek, The New York Times e National Geographic; Mar Cabra, xornalista de investigación e especialista en análise de datos en International Herald Tribune, The Huffington Post, Le Monde e El País, actual vicepresidenta da sección española de Open Knowledge Foundation; Oscar Becerra, director xeral de Prisa Revistas, fundador de Quo, Emprendedores, Public, Cuore e Be, e editor de Paris Match, Photo e Woman, entre outros; e Bastian Manintveld, fundador de BeBanjo, director xeral de On Demand Group, e actualmente presidente executivo de 2btube.

Tamén haberá ocasión de debater cos responsables de novos medios punteriores neste sector en España, como é o caso de El Extrarradio, El Español, ou El Confidencial, nunha mesa redonda moderada por Borja Echevarría, exsubdirector dixital de El País e actual vicepresidente dixital de Noticias Univisión.

Completarán o panel de expertos convidados o francés Éric Viennot, creador transmedia e deseñador de series vídeo-xogo nas que fai converxer internet, cinema e vídeo-xogo, entre as que destaca a mundialmente difundida e premiada L'Album secret de l'oncle Ernest, éxito que lle valeu o nomeamento como cabaleiro das Artes e das Letras da República francesa. Sen esquecer a presenza de Karma Peiró, organizadora das Xornadas de Xornalismo de Datos e Open Data e directora do xornal Nació Digital; de Hugo Garrido, da Fundación Civio; de Rafa Höhr, infográfico e editor multimedia, que foi editor de gráficos de El País e The Sunday Times e actualmente traballa en Prodigioso Volcán; ou de Sergio Álvarez Leiva, experto en deseño de xeoinformación e visualización xeoespacial, que traballou para Google, NASA, a Universidad de Oxford, entre outros.

O curso, que se desenvolverá entre o 1 e 6 de setembro, dedicará a fin de semana de forma intensiva á realización do Hackathon campUSCulturae, no que traballarán todos os alumnos inscritos baixo a coordinación da xornalista Idoia Sota, premio Larra de xornalismo, responsable do lanzamento das revistas Oks, La Otra Crónica de El Mundo, El País SModa e Tentaciones e fundadora e actual directora de Acuerdo.eu.

O curso Narrativas dixital e xornalismo de datos: outras formas de contar e informar enmarcase na oferta formativa da Universidade de Verán da USC e forma parte dos contidos do proxecto europeo campUSCuturae, cofinanciado pola EACEA Culture Agency.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.08.2015.