Pasar al contenido principal

Teatro físico, dinámicas de grupo e composición escénica centran un curso de verán en Formación do Profesorado

O curso de verán da USC ‘Teatro físico. Contacto con diferentes dinámicas teatrais, físicas e grupais. Introdución no traballo de composición escénica’, que se desenvolverá do 15 ao 19 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e nas dependencias da Aula de Danza da USC, introducirá ás persoas participantes nas distintas formas de traballo creativo, a través das que pode emprender un proceso de creación grupal.

A importancia de actuar como un individuo no seo dun grupo e a exploración de diferentes modelos de traballo como o ‘Flow, os ‘elementos Plásticos’ e o contacto coa ‘técnica de exposición’ son algúns dos contidos incluídos neste programa formativo, dirixido polo profesor do Departamento de Didáctica da Expresión Corporal Rubén Navarro Patón.

O prazo de inscrición neste curso, que está estruturado en 15 horas de formación e ofrece un máximo de 16 prazas, permanecerá aberto ata o día 5 de xullo. A matrícula pode formalizarse tanto a través da web da USC como nas dependencias da Área de Cultura do campus de Lugo e as persoas que completen cando menos o 80% das sesións programadas recibirán un diploma acreditativo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.05.2015.